900 11 21 21

L-J 9:00 - 19:00
V 9:00 - 15:00

A Fundación Laboral de la Construcción de Galicia lanza ‘Construíndo en feminino’ para impulsar a incorporación de mulleres ao sector

Dirixido a mulleres desempregadas, de entre 18 e 29 anos que residan en Santiago de Compostela e arredores, o proxecto inclúe formación na entidade paritaria e emprego en empresas do sector da construción.

Noticia Galicia
Fuente - Fundación Laboral de la Construcción

A Fundación Laboral de la Construcción de Galicia, en colaboración coa Fundación ”la Caixa”, lanza o proxecto ‘Construíndo en feminino’ co obxectivo de impulsar a incorporación de mulleres á industria da construción.  

‘Construíndo en feminino’ está dirixido a mulleres desempregadas que estean en risco de exclusión sociolaboral, de entre 18 e 29 anos, que residan en Santiago de Compostela ou nos municipios dos arredores e que estean interesadas en traballar no sector da construción.  

Formación e emprego en empresas da industria 

As participantes interesadas no proxecto poderán combinar traballo remunerado en empresas do sector, con formación a través dun Contrato Formativo durante 12 meses.  

A formación impartirase no Centro de Santiago de Compostela da Fundación Laboral de la Construcción de Galicia, (Rúa Pontepedriña de Arriba, 13 (zona Romaño), incluíndo a cualificación profesional en especialidades así como Prevención de Riscos Laborais. 

Ademais, as participantes entrarán nun itinerario de acompañamento e adquisición de competencias para mellorar as súas habilidades persoais, dixitais e sociais na procura de emprego mentres descobren o sector da construción. 

Só o 7,6% de mulleres ocupadas en Galicia no sector 

Na actualidade, hai 5.514 mulleres traballando en construción en Galicia, que só representan o 7,6% do total dos ocupados do sector, segundo datos de 2021 recollidos polo Observatorio Industrial da Construción no seu informe sobre as mulleres no sector

A presenza de mulleres no sector de Galicia reduciuse un -14,4% en 2020, unha situación preocupante dada a situación actual da construción, marcada pola falta de remuda xeracional e a escaseza de man de obra cualificada que necesita o sector.  

A Fundación Laboral de la Construcción traballa para conseguir a igualdade de dereitos e oportunidades no sector, así como para erradicar a discriminación directa ou indirecta por razón de sexo entre persoas traballadoras. Por iso, a través do proxecto ‘Construíndo en feminino’, a entidade paritaria aposta pola formación como a principal ferramenta para a incorporación da muller ao sector.  

 

Gustaríache participar en ‘Construíndo en feminino’? Contáctanos xa
Chus Quintáns: 981 983 541/cquintans@fundacionlaboral.org 
Ou, se prefires, déixanos os teus datos e contactarémoste.  

Suscríbete gratis a nuestros boletines de noticias.

=

CLÁUSULA DE PROTECCIÓN DE DATOS:

  • Responsable del tratamiento: FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN.
  • Finalidad del tratamiento: mantener al usuario informado sobre la actualidad de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN y del sector de la construcción.
  • Legitimación: consentimiento del interesado.
  • Destinatarios: Sus datos no van a ser cedidos a terceros, salvo que exista una obligación legal. Sólo podrán ser tratados por colaboradores de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN para la gestión de sus sitios web.
  • Derechos de los usuarios: ejercicio gratuito de derechos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación del tratamiento y portabilidad de los datos tal y como se describe en la información adicional. Puede consultar la información adicional y detallada sobre Protección de Datos en el siguiente enlace.

He leído y acepto la política de protección de datos.

Para no volver a recibir el boletín puedes darte de baja AQUÍ